You are herePUBLICACIÓN DA RELACIÓN DE PERSONAS CANDIDATAS A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR.
PUBLICACIÓN DA RELACIÓN DE PERSONAS CANDIDATAS A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR.
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do 2 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:
-
Andreetti, Cristina
-
Conde Santos, Santiago
-
del Aguila Gonzalez-Outón, Mª Paola
-
di Pietro, Pamela Marilin Vanesa
-
Monteagudo Dominguez, Gumersindo
-
Noelia Negreira Ferrol.
-
Rial Aldao, Alejandra
-
Vilar Ameijeiras, María Carmen
Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021
Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 27 de novembro, ambos días inclusive.
As votacións terán lugar o vindeiro día 28 de novembro entre as 16:30 e 18:30 h, no centro escolar.
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Directora do Centro
Presidenta da Xunta Electoral