You are hereRENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022


By quirogapalacios - Posted on 28 Outubro 2022

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

 De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022,da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG, N. 187 do30 de setembro de 2022), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 A Organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 O Director ou directora do Centro.

  • Un profesor ou profesora.

  • Un pai ou nai ou titor legal.

  • Un representante do persoal de administración e servizos.

 Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo mércores 2 de novembro ás 12:10 horas.

 Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Dirección

 

 

AdxuntoTamaño
Constitución Xunta Electoral..pdf403.11 KB