You are hereCAMBIOS DESTACABLES NO NOVO PROTOCOLO COVID

CAMBIOS DESTACABLES NO NOVO PROTOCOLO COVID


By quirogapalacios - Posted on 19 Xaneiro 2022

 

CAMBIOS DESTACABLES NO NOVO PROTOCOLO COVID

  • Todas aquelas persoas que obteñan un resultado positivo nunha proba de antíxenos serán considerados directamente como un caso confirmado. Para poder realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, deberá notificarse o positivo a Saúde Pública.

    A notificación varía dependendo de como se realizase a proba:

    Autodiagnóstico realizado CON supervisión dun farmacéutico: será o farmacéutico quen notifique o caso positivo a Saúde Pública.

    Autodiagnóstico realizado SEN supervisión dun farmacéutico: a persoa debe cubrir o formulario de DECLARACIÓN RESPONSABLE DE AUTOTEST POSITIVO dispoñible na páxina web do coronavirus ou chamar ao 881 540 045.

  • Os conviventes dunha persoa considerada caso sospeitoso (alumno/a ou profesional), evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado do caso.

    Ademais, os conviventes que non dispoñan dunha pauta de vacinación completa e tampouco foran diagnosticados da COVID-19 nos últimos 6 meses, deberán absterse de asistir ao centro educativo ata que se resolva a situación do caso sospeitoso.

    As persoas vacinadas coa pauta completa ou aquelas que fosen diagnosticadas da COVID nos últimos 6 meses poderán acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo, extremando sempre as medidas de prevención. Por tanto, poderán acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo, extremando sempre as medidas de prevención.

  • A persoa diagnosticada da COVID-19 continuará co illamento domiciliario ata levar 3 días sen síntomas e sempre que pasasen 7 días desde que estes comezaron.

    Non será necesario realizar unha nova PDIA para suspender as medidas de illamento nin para reincorporarse á actividade laboral.