You are herePRAZO EXTRAORDINARIO PARA A ALTA, REXISTRO E A CONTRATACIÓN A TRAVÉS DA APP COLECHEF DOS SERVIZOS DE MADRUGADORES E DE COMEDORES ESCOLARES PARA O MES DE SETEMBRO.

PRAZO EXTRAORDINARIO PARA A ALTA, REXISTRO E A CONTRATACIÓN A TRAVÉS DA APP COLECHEF DOS SERVIZOS DE MADRUGADORES E DE COMEDORES ESCOLARES PARA O MES DE SETEMBRO.


By quirogapalacios - Posted on 10 Septembro 2021

Poñemos no seu coñecemento que dende hoxe ata o domingo, 12 de setembro ás 16h. as familias que non teñan solicitados os servizos de madrugadores e comedores para o mes de setembro na APP Colechef e que o necesiten, poderán contratar estes servizos para o mes de setembro.


É importante que teñades en conta que non é suficiente estar inscrito como solicitante de beca (en servizos sociais) ou solicitante de comedor (no Departamento de Educación)se non está dado de alta, rexistrado e contratado os servizos na APP ColeChef. Rematado este proceso na APP, recibirán como resultado unha mensaxe no correo electrónico facilitado na citada plataforma.

Toda a información sobre o proceso de matrícula nos servizos de madrugadores e de comedores está disponible na web municipal www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/> pero tamén o achegamos en documento adxunto para facilitar a súa difusión.

 

AdxuntoTamaño
CEIP QUIROGA PALACIOS, APP COLE CHEF.pdf574.4 KB