CERIMONIAS DE GRADUACIÓN - CURSO 2021

Enviado por admin-contidos o Dom, 04/07/2021 - 22:41

 

Nas seguintes imaxes podemos atopar o enlace as graduacións do alumnado, tanto de 6º de Ed. Infantil como o de 6º de Ed. Primaria.

 

CERIMONIA DE GRADUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

 CERIMONIA DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA

 

 

ENTREGA DE PREMIOS DO XV CERTAME LITERARIO

Enviado por admin-contidos o Mér, 23/06/2021 - 19:00

Co gallo da celebración do fin de curso 2020/21 o 22 de xuño, celebrouse tamén como outros anos o acto de entrega de premios aos gañadores e gañadoras das distintas categorías do CERTAME LITERARIO, organizado polo noso colexio e dirixido a toda comunidade educativa.

Premede en CARBI, e accederedes ao «Espazo Máxico de Carbi», onde poderedes ver a montaxe audiovisual da entrega de premios.

                            

   XV CERTAME LITERARIO    

 

CELEBRAMOS O FIN DE CURSO CON «MAIMIÑAS»

Enviado por admin-contidos o Mar, 22/06/2021 - 19:00

 O pasado día 22 de xuño celebramos o derradeiro día deste curso escolar tan diferente a outros con Mai e Miña:

«As Maimiñas»

Dúas mulleres que comezaron a súa andaina musical no ano 2013 e que se definen como moi festeiras, verbeneiras e divertidas, ás que lles encanta facer improvisación e moito teatro enriba do escenario. Con elas disfrutaron moito o alumnado de Infantil e Primaria cantando e bailando durante toda a súa actuación.

BANCO DE ALIMENTOS - VIGO

Enviado por admin-contidos o Xov, 10/06/2021 - 04:47

O pasado xoves día 3 recibimos a visita de Iván Martínez, vicepresidente do Banco de Alimentos de Vigo.

 

Coa súa visita puidemos coñecer que os bancos de alimentos naceron en EE. UU en 1967 como unha iniciativa privada, concretamente de A. Van Hangel, quen creou en Phoenix ( Arizona) o primeiro Banco de Alimentos . A iniciativa pasou a Canadá e de alí a Francia onde en 1984 xurdiu o primeiro Banco de Alimentos europeo. En España foi en Barcelona a cidade pioneira na que en 1987 estableceuse o primeiro Banco de Alimentos.

Con respecto ao Banco de Alimentos de Vigo, o seu vicepresidente, informounos que a súa principal recollida céntrase en alimentos, pero tamén recollen comida para bebés e cueiros.

Comentounos que a pobreza nos fogares tamén é enerxética, polo que solicitan dos doantes alimentos que xa veñan elaborados, é dicir que os poidan comer en frio ou quentalos moi pouco.

O Banco de alimentos de Vigo repartiu 1.800 toneladas de alimentos en 2019. Ese mesmo ano fíxose unha recollida que alcanzou o 315.000 kg, axudando a 150 colectivos sociais e 25.000 persoas ao día.

Moitas grazas por ensinarnos o gratificante que é traballar polo demáis!!

 

SEAN'S CONCERT

Enviado por admin-contidos o Dom, 30/05/2021 - 19:15

 

Our dear conversation assistant Sean M. Ohanian from Boston (USA), has just finished his work in our School, and because he is a musician,  he did a concert for the kids as a farewell.

You can also enjoy it, just click in the picture and you can go the video.  

 

 

Letras Galegas 2021

Enviado por admin-contidos o Ven, 14/05/2021 - 10:40

No seguinte enlace podedes ver o noso festival do día das Letras Galegas 2021, este ano dedicado a Xelia Arias.

Esperamos que vos guste.

 

OS MAIOS.

Enviado por admin-contidos o Xov, 06/05/2021 - 07:55

 

Igual que fixemos o ano pasado, este ano, convidámosvos a celebrar os maios a distancia.

Facédenos chegar as vosas fotografías.

Clicade na imaxe para coñecer as propostas e a data límite

Grazas pola colaboración.

No cole xa empezamos. Mirade....

 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Enviado por admin-contidos o Xov, 06/05/2021 - 07:46

 

Maio, o mes das flores e das letras, vén vestido de muller, este ano a

homenaxeada nas Letras Galegas é Xela Arias.

 

CLICADE NA IMAXE PARA COÑECER MELLOR A  HOMENAXEADA.

 

 

 

PROGRAMA ESCOLAR DE FOMENTO DE CONSUMO DE FROITAS 2020-2021

Enviado por admin-contidos o Mér, 05/05/2021 - 19:00

FORMÁNDONOS EN EDUCACIÓN VIARIA

Enviado por admin-contidos o Mér, 28/04/2021 - 19:00

5º e 6º de Primaria retomaron a súa formación en Educación Viaria, despois do parón obrigado pola pandemia o curso pasado, con sendas charlas a cargo dun axente da Policía Local de Vigo. Para saber máis preme na imaxe para acceder ao noso blog.

                                     

 

                                                       
Distribuir contido