Carreira solidaria de LOITA CONTRA a LEUCEMIA

Enviado por admin-contidos o Sáb, 25/11/2023 - 20:00

O 17 de novembro celebramos no colexio a 1ª carreira solidaria de loita contra a leucemia. Coa presenza das familias do alumnado que tamén puideron participar, desenvolvéronse as diferentes carreiras dos cursos de Infantil e Primaria. Nun pequeno circuito preparado no interior da pista cuberta desenvolvéronse as carreiras de 3, 4, 5 anos de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Máis tarde, despois dun tempo de espera para ter pechado á circulación de vehículos no exterior do centro, tivo lugar a carreira dos máis maiores polos arredores, nas categorías de 3º, 4º, 5º e 6º. 

A ANPA levou a cabo ese día unha recolecta para recadar fondos con este fin solidario entre o alumnado e as familias. Agradecemos a todos e todas as doacións recibidas que serán unha axuda nesta loita, e tamén a vosa participación nesta xornada.