Celebración do DÍA EUROPEO do DEPORTE ESCOLAR.

Enviado por admin-contidos o Lun, 01/11/2021 - 17:10
O pasado 24 de setembro celebrámolo Día Europeo do Deporte Escolar, coa realización dunha xornada de multideporte ata a hora do recreo, dirixida a todo o alumnado. Comezamos cunha coreografía nas mesmas aulas que serviu de quecemento e, entorno ás 9:30 baixamos ao patio para facer práctica deportiva conxunta rotando por unha serie de deportes e xogos.