Obradoiro de cociña coa Asociación Cultural "O COTO".
Enviado por admin-contidos o Mér, 07/02/2024 - 19:00
O día 8 de febreiro levamos a cabo unha vez máis e grazas a colaboración coa Asociación Cultural"O COTO", unha nova xornada gastronómica coa celebración dun obradoiro de cociña no que aprendimos a elaborar as típicas filloas. Todo o alumnado participou na súa preparación baixo a dirección de dúas estupendas cociñeiras da Asociación, e puidemos tamén degustar o produto elaborado por todos os grupos. Tamén aproveitamos a mañá para confeccionar o cartel do "photocall" para o Festival de Entroido.