Iniciar sesión |
blogue deadmin-contidosDÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARESEnviado por admin-contidos o Lun, 19/10/2020 - 11:47
NOVO PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19 E ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓNEnviado por admin-contidos o Xov, 24/09/2020 - 19:27
Tras a resolución conxunta, de data 22 de setembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade aprobase a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021”. Pódese ver o novo protocolo e a enquisa de autoavaliación, con indicacións e aclaracións da mesma, clicando nos adxuntos.
( categories: )
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 20-21Enviado por admin-contidos o Xov, 03/09/2020 - 18:08
( categories: )
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021Enviado por admin-contidos o Ven, 28/08/2020 - 11:03
PARA VER O CALENDARIO DO CURSO 2020-2021 CLICAR NO ADXUNTO CONTACTO CENTROEnviado por admin-contidos o Lun, 13/07/2020 - 08:48
PARA CONTACTAR CO CENTRO,
ENVIAR CORREO ELECTRÓNICO A:
ceip.carballal.cabral@edu.xunta.es
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.Enviado por admin-contidos o Mar, 19/05/2020 - 06:17
Xa está aberto o prazo para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.
Curso escolar 2020-2021
O alumnado que pode solicitar estas axudas é:
Orde do 12 de maio de 2020 (DOG do 19)
Enlace ao Diario oficial de Galicia
Para presentación electrónica, facendo clic en aquí:
Para presentación presencial: Anexo I e II (só hai que imprimir as catro primeiras follas)
Manual de usuario para os cidadáns: enlace
PRAZOS ESTABLECIDOS POLA CONVOCATORIA
A presentación da documentación na secretaría do centro farase mediante cita previa no tf : 886 120 125 ou no correo : ceip.carballal.cabral@edu.xunta.es
Horario de secretaria: 9.30 ata 14 h
INFORMACIÓN ÁS FAMILIASEnviado por admin-contidos o Lun, 13/04/2020 - 13:53
( categories: )
"APRENDEMOS EN CASA"Enviado por admin-contidos o Dom, 22/03/2020 - 18:29
Con motivo da crise do coronavirus o Ministerio de Educación e FP e RTVE lanzan 'Aprendemos en casa' para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais. Esta programación ponse en marcha a partir do luns 23 de marzo. Trátase dunha programación especial de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e na 2 de TVE. Esta nova programación trata de ser unha axuda para os menores e as súas familias. Así, ademais de incluír contidos relacionados coas áreas de coñecemento, traballará competencias emocionais para mellorar a convivencia familiar e facer máis eficaz e ameno o proceso educativo. Cada bloque temático incluirá contidos que reforcen a actividade A parrilla da programación é: Para máis información podedes clicar no siguinte enlace do Ministerio. (Preme na Imaxe "aprendemos en casa) PODES ACCEDER AOS VÍDEOS EDUCATIVOS EN EduClan (Preme na imaxe) ou ben no canal TV de Clan televisión.
( categories: )
"DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"Enviado por admin-contidos o Mér, 19/02/2020 - 20:00
5º e 6º de primaria levan a cabo un obradoiro no VERBUM para conmemorar o "Día da muller e a nena na ciencia"A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 70/474/Add.2 de 2015, decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano (11 de febreiro.org) Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para realizar os Obxectivos de Desnvolvemento Sostible, incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Desafortunadamente, elas seguen enfrontándose a barreiras que lles impiden participar plenamente nesta disciplina. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudantes rematen unha licenciatura, unha mestría e un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%. Para saber máis preme en calquera das imaxes e accederás ao blog de 5º/6º.
|