Estimadas familias:
Xa entramos na última semana de maio! Dende o claustro de mestres/as enviámosvos todo o noso apoio ás casas e moita forza para continuar con esta situación, estádelo facendo xenial!
Nas últimas semanas, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio, en colaboración co resto do profesorado, elaborouse un vídeo con moitas das creacións literarias e artísticas dos vosos fillos/as que podedes ver na seguinte entrada do blog e Leoteca. Picade enriba para acceder e poder desfrutar do vídeo e de outras creacións. Queremos agradecer unha vez máis ao noso alumnado e as súas familias o seu esforzo por facer os traballos indicados. GRACIAS. Xa queda menos!
A continuación deixamos os arquivos coas tarefas de repaso, reforzo e ampliación do aprendido para esta semana: do 25 ao 31 de maio.
Os arquivos están organizados como as semanas anteriores, por etapas: infantil e primaria e por especialistas: inglés, educación física, música e relixión. Lede con atención as tarefas propostas, e se tedes algunha dúbida podedes preguntar polo abalarMóbil ou a través dos correos electrónicos tanto aos titores/as como aos especialistas.
Lembrade que ao longo das seguintes semanas os titores/as poñeranse en contacto con todas as familias para que veñades por quendas a entregar a solicitude do fondo de libros de texto, axudas de libros e material, traer o material que teñades na casa do cole ( libros de texto e libros da biblioteca) e recoller o material que é voso.
Tamén lembramos que a solicitude de fondo de libros e axudas de libros e material pode solicitarse pola sede electrónica.
Sen máis, deixámosvos as tarefas desta semana. Moito ánimo de parte de todo o claustro do CEIP Canosa-Rus! Vémonos pronto!