Estimadas familias:
Xa estamos na metade do mes de maio! Como estades? Esperamos que sigades todos e todas moi ben!
A continuación deixamos os arquivos coas tarefas de repaso, reforzo e ampliación do aprendido para esta semana: do 18 ao 24 de maio .
Os arquivos están organizados como as semanas anteriores, por etapas: infantil e primaria e por especialistas: inglés, educación física, música e relixión. Lede con atención as tarefas propostas, e se tedes algunha dúbida podedes preguntar polo abalarMóbil ou a través dos correos electrónicos tanto aos titores/as como aos especialistas.
Onte foi o día das letras galegas, polo que se picades na entrada seguinte veredes unha pequena explicación das cousiñas que se fixeron durante as semanas pasadas para este día.
Por outra banda, lembramos que todas as novidades que saían con respecto aos prazos administrativos para a preparación do próximo curso: libros de texto, comedor, transporte, etc, serán publicadas nesta páxina web e enviaremos un abalar para avisar de que hai información nesta páxina web.
Sen máis, deixámosvos as tarefas desta semana. Moito ánimo de parte de todo o claustro do CEIP Canosa-Rus! Temos moitas ganas de estar no cole prontiño con todos vós!