O venres 21 de xuño rematan as clases e a xornada será reducida, de 9:30h a 12:30h. Este día non hai comedor e o transportefará o seu servizo ás 12.30h.De 10.00h a 12.00h teremos unha festa con inchables, xogos populares e un mago (sufragada pola ANPA). As familias estades convidadadas a estar nesta festa e a participar nos xogos populares!
- Avisos varios:As familias que pagan o comedor teredes os impresos do mes de xuño dispoñible no centro a partir do 26. Podedes traelo de volta á dirección do centro ata o día 5 de xullo.
- O día 5 de xullo serán publicadas as listaxes provisionais dos admitidos e excluídos nas axudas de libros de texto e material, tanto na web do cole como na porta da entrada. Teredes 2 días hábiles (8 e 9) para interpor unha reclamación se fose o caso. Antes do día 12 de xullo estarán publicadas as listaxes definitivas. Os libros de texto de 3º a 6º de EP repartiranse o mércores 4 de setembro de 12.00h a 14.00h no colexio.
- Os historiais académicos do alumnado de 6º de Educación Primaria poderanse recoller o día 27 de xuño na secretaría.
- O horario da secretaría do centro do 24 de xuño ata o 15 de xullo, será de 11:00h a 14:00h.