Skip to Content

Encontro deportivo

Ola a todos/as, o pasado venres 31 de maio os nenos/as de 5º e 6º do CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco) acudiron ao noso centro para participar nunha xornada deportiva, na que se practicaron xogos coma o brilé, balón torre e ultimate. Os nosos alumnos/as xa acudiran anteriormente ao outro centro de Coristanco, e en vista do éxito decidimops continuar coa iniciativa, esta vez con outra sede.

O obxectivo destas xornadas non é competitivo, senón que os nenos/as se coñezan e poidan relacionarse con outros rapaces/zas da súa idade, co deporte coma medio. A xornada transcurríu con normalidade, algún golpe sen importancia, e tras unha pequena actuación de Luís (6ºE.P.), xunto coas súas irmás Rocío (6º E.I.) e Lucía (2º E.P.) todos rematamos bailando un pouco. Grazas a todas a mestras que axudaron a que esta xornada se puidese levar a cabo e a todos vós por participar de forma tan entusiasta, agardamos que no próximo curso poidamos continuar con esta iniciativa.

Deixámosvos esta pequena presentación para que vos fagades idea de como foi a xornada.

 

 



page | by Dr. Radut