- Lavar as mans antes de xantar.
- Respectar e obedecer ás coidadoras que atenden o servizo de comedor escolar.
- Respectar aos compañeiros/as da mesa.
- Entrar amodo, en orde e sentar na mesa asignada.
- Non comezar a comida ata que todos os compañeiros/as da mesa estean servidos.
- Xantar unha cantidade mínima de cada prato que se serva.
- Falar e beber coa boca baleira.
- Mastigar coa boca pechada.
- Evitar que caian alimentos ao chan.
- Pedir o que se precise coa man levantada.
- Falar moi baixo e só cos compañeiros/as que están cerca.
- Aprender a manexar e perfeccionar o manexo dos cubertos con cada prato.
- Manterse sentado mentres se xanta.
- Esperar a que todos os comensais da mesa estean servidos para comezar a xantar.
- Colaborar coa recollida do comedor, deixando as mesas recollidas e as cadeira enriba da mesa.
- Saír na orde que indiquen as coidadoras tranquilamente e sen berrar.