Skip to Content

Solicitude de admisión para o curso 2015-2016 (ata o 23 de marzo)

Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de praza para o curso 2015-2016. Este prazo rematará o 23 de marzo.

Cada alumna ou alumno ten reservada praza nun centro escolar. Pode presentar a solicitude de admisión no seu centro asignado, ou ben en calquera outro que desexe. Se a presenta noutro distinto, deberá comunicar no centro de orixe a renuncia á reserva antes do inicio do prazo.

É importante lembrar que só se pode presentar unha única solicitude cos centros desexados, e que hai que facelo no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Facer unha solicitude irregular provocará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

Este trámite non é a formalización de matrícula, senón un paso previo para reservar praza. A formalización da matrícula farase entre o 20 e o 30 de xuño.

As prazas vacantes no noso centro para o vindeiro curso son as seguintes:

ETAPA
CICLO
NIVEL
PRAZAS VACANTES
EDUCACIÓN
INFANTIL
2º CICLO
4º nivel
44
5º nivel
6
6º nivel
9
EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

 

 

1º nivel
0
2º nivel
5
3º nivel
7
4º nivel
11
5º nivel
14 
6º nivel
17

 

O impreso pode ser solicitado no centro, ou ben descargado aquí para ser impreso e cuberto.

 

Recomendacións para cubrir o impreso:

  • Escribir con letra maiúscula e clara.
  • Ler con atención a folla de información para comprender todos os apartados.
  • Repasar o escrito unha vez rematado.
  • Presentar unha única solicitude no centro que se pide en primeiro lugar.
  • Horario de atención ao público:  de 9:30 a 10:30 e de 13:45 a 14:30. Tamén martes de 5 a 6.

 

  • No caso de haber máis prazas ca solicitudes, todas as peticións serán aceptadas. Se hai máis solicitudes ca prazas, procederase a un baremo; débese cubrir a páxina de criterios alegados, anotando a puntuación  que corresponda en cada apartado. Se fose necesario, o centro solicitará a partir do 20 de marzo a documentación que xustifique os datos aportados.
  • No apartado “criterio complementario establecido polo centro”, deben poñer 1 punto  por elixir en primeiro lugar un centro público.
  • De optar a unha praza de necesidades específicas de apoio educativo, marcarase o cadro correspondente e achegarase a documentación pertinente
  • Para a valoración da renda per cápita, sumen as casiñas 366 e 374 da Declaración  do IRPF do 2013: esa cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar no 2013. O IPREM dese ano está cifrado en 6390,13 € anuais, con exclusión das pagas extraordinarias.
  • Considérase familia monoparental a composta por un único proxenitor/a (que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal) e os/as fillos/as menores ao seu cargo, sempre e cando o outro /a proxenitor/a non contribúa económicamente ao seu sustento. Non son familias monoparentais  viúvas/os con pensión de viuvez ou fillos/as coa de orfandade.
  • As solicitudes serán asinadas por calquera dos titulares da patria potestade  cando se No caso de fillos ou fillas comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado, ou dunha parella de feito inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, a solicitude poderá ser asinada por calquera dos titulares da patria potestade. En caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, salvo en casos de violencia de xénero ou nos que a patria potestade corresponda a unha soa persoa.

 

Documentación necesaria

  • Copia do DNI do alumno ou alumna, se o tivera.
  • Copia dos DNI da nai e o pai.
  • Copia das páxinas do libro de familia onde figuran os pais e o/a alumno/a.
  • Certificado de empadronamento.
  • No caso de querer unha acreditación da solicitude, traer esta última por duplicado
  • En casos de violencia de xénero ou nos que a patria potestade corresponda a unha soa persoa, orixinal da resolución xudicial e unha copia da mesma para o centro.

 

Documentos legais para consulta:

- Decreto 254/2012 de admisión de alumnado nos centros

- Orde do 12 de decembro de 2013, que regula o procedemento para a admisión de alumnado nos centros

AnexoTamaño
Impreso de solicitude.pdf275.87 KB
Orde de procedemento de admisión.pdf1.03 MB
Decreto de admisión en centros.pdf593.29 KB


story | by Dr. Radut