O alumnado que vaia cursar 1º de ESO no IES Maruxa Mallo no curso 2016-2017 debe entregar o impreso de reserva de praza á súa titora ou titor do 1 ao 15 de febreiro. Con este trámite queda reservada praza.
O alumnado que vaia cursar 1º de ESO noutro instituto debe presentar no IES Maruxa Mallo, antes do 1 de marzo, a renuncia por escrito á reserva de praza. Seguidamente, presentará a solicitude de admisión no centro educativo no que desexe continuar estudos, do 1 ao 20 de marzo. Entregar copia de esa solicitude ao CEIP Campomaior.
Débese presentar unha única solicitude na que figurará o centro preferido e, se se desexa, outros centros se non houber praza no solicitado en primeiro lugar.
A Orde do 12 de marzo de 2013 sobre admisión pode consultarse aquí.
Anexo | Tamaño |
---|---|
2016-2017 - Reserva de praza.pdf | 149 KB |
2016-2017 - Solicitude de admisión.pdf | 556.22 KB |
Orde do 12 de marzo de 2013 - Admisión.pdf | 1.34 MB |