14 Anos na REGAU e na REAU - Rede de Escolas Asociadas a UNESCO - Galega e Estatal
Cursos 2008/22 . A andaina da nosa escola nesta Rede Galega de Escolas Asociadas a UNESCO comezou no curso 2008/09. Estando de director José Carlos Otero, e como impulsoras do proxecto, as profesoras Carmela Vidal e Mercedes Márquez, xunto a Cooordinadora Galega das Escolas, Luísa Márquez, irmá de Mercedes. Foron moitos os traballos presentados nos congresos, tanto galegos como estatales: LLeida (2010) XXIII Congreso, Melilla (2011) XXIV , Madrid (2012) XXV, Alicante (2013) XXVI , Pontevedra (2014) XXVII , A Liña da Concepción (2015) XXVIII , Cuenca (2016) XXIX ... Xustamente neste curso 2022/23 o CEP Campolongo abandona a Rede . Cales poden ser as razóns de non querer coller a coordinación da mesma? Somos un centro de moitas unidades e ás veces hai problemas na escolla do alumnado para poder ir aos congresos galegos, sempre estivo limitado a 25 alumnos por colexio. Outra das razóns de peso é o aumento da burocracia e sobre todo a falta de subvencións nos últimos anos. Sen cartos o nivel das actividades e a motivación foi a menos. Ver fotos da inauguración. Pódese ver máis no BLOG ESPÉCIFICO DA UNESCO DO NOSO CENTRO