Este venres 15 de novembro celebramos o tradicional Magosto con xogos e castañas. Moi ricas debían estar as castañas vendo a cola que se fixo para poder repetir. Houbo que protexelas cando se estaban asando, unha pequena chaparrada deunos un susto de 11:00 a 11:30 h. Impediu que non decorásemos o patio, pero non que o pasaramos ben. Ver panorámica dos xogos. Axiña se porán máis fotos da xornada.