Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
II Volta ao Camiño
O CEIP do Camiño Inglés e Oroso CC convocan esta actividade que pretende fomentar o ocio en familia.
Trátase dun percorrido en bicicleta ou a pé que parte e chega á porta do centro e que transcorre polo trazado vello e novo do Camiño Inglés.
Coa axuda do móbil e seguindo as instrucións que se atopan no taboleiro da entrada ao centro, hai que seguir este itinerario de 12 km.
Os nenos/as das familias participantes recibirán un pequeno recoñecemento o Día da Bicicleta (21 de xuño).
Tamén haberá unha mención especial para os que o fagan en menor tempo se desexan competir.
O prazo para facelo comeza hoxe e rematará o vindeiro domingo 19 de xuño (incluído).