Isabel e Teresa xubílanse! Sempre no noso corazón. GRAZAS!
Despedidas que son ledas,
despedidas que son tristes,
ledas, porque desexadas,
tristes, porque despedidas.
Adeus que significa grazas,
adeus que vos desexa vida,
adeus máis que con palabras,
palabras de Rosalía.
Adeus Isa, adeus Tere,
adeus de tantos pequenos,
adeus que é un ata pronto,
porque pronto nos veremos.
- 104 lecturas
- Versión para imprimir