Aló polo mes de novembro os alumnos do CEIP de Caión e algúns do CEIP Otero Pedrayo da Laracha, puxémonos mans á obra para sacar o lixo dos nosos areais.
Tamén colaboraron empresas, o Concello da Laracha e veciños.
Celebramos o día da árbore repoboando un monte Carboeiro, da Laracha, dentro da semana da árbore do Concello e da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta.
En novembro veu ao noso cole, a través do Concello, unha representante de SOGAMA e explicounos cousas moi interesantes sobre a reciclaxe e o funcionamento da pranta. Aquí algunhas fotos: