Nesta lista de reprodución poderedes ver e escoitar, sobre todo, combinacións instrumentais non moi comúns na música actual. Ademais engadín un vídeo de Orianthi, unha das poucas mulleres famosas por tocar a guitarra eléctrica e algunha peciña curiosa que atopei por aí. Se non vos gusta esta lista de reprodución é que non tedes corazón.
A danza sempre me encantou... Desafortunadamente non teño cualidades para ela. De calquera xeito desfruto moito véndoa. Aquí vos deixo unha lista de reprodución na que poderedes ver diferentes estilos. Espero que a desfrutedes!
Na seguinte lista de reprodución de Youtube poderás atopar algunhas das cancións que traballamos na aula. Sube o volume do teu equipo de música e a cantar!!
(Para navegar entre as cancións tes que clicar no lado superior dereito).
O xoves 13 de febreiro celebramos un acto de estrea do videoclip gravado polo grupo do noso alumnado A MÚSICA DAS BALEAS, gañadores do concurso QUERO CANTAR na categoría infatnil.
A nosa bilbioteca encheuse de alumnado, familias, persoeiros da Deputación da Coruña e do Concello da Laracha e encargados técnicos da gravación do son e do video que deu lugar ao resultado ten profesional que podedes xa ver no seguinte enlace:
A gravación do mesmo tivo lugar no mes de xaneiro, cunha xornada tan longa como proveitosa para o noso alumnado no que aprenderon, entre outras cousas, que os bos resultados requiron un esforzo.
Parabéns a todas e todos polo resultado e en especial ao noso gran mestre de música, Jose Carballido, sen o cal nada disto sería posible! VIVA A MÚSICA!
No presente curso dende a materia de Música, fixemos unha versión moi particular do gran éxito "Camiño de Caión", canción tradicional galega representativa da nosa vila.
Parte da instrumentación é realizada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria con instrumentos escolares, coa participación do resto do alumnado e o persoal do centro na voz e nos coros.
Premede na imaxe para ver o resultado final, do que estamos moi orgullosos/as.
Asemade, dámosvos a posibilidade de colaborar na sufragación dos gastos da viaxe de fin de curso do alumnado que máis participou no proxecto (os de 5º e 6º, que irán a Madrid). Para tal fin, teredes que facelo vía Paypal premendo no botón que vedes aquí embaixo.