Skip to Content

Educación Infantil

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. MÉRCORES 10 DE XUÑO

O vindeiro mércores 10 de xuño  terá lugar a xornada de portas abertas, coa finalidade de que o alumnado de nova incorporación ao noso centro se adapte e coñeza mellor as instalaciós do centro.

 

Esta actividade é impulsada dende o departamento de Orientación e a nosa orientadora.

 

Horario:
  • 11:10 horas: Recepción dos familiares e alumnado na biblioteca escolar.
  • 11:15 horas: Presentación por parte do director: Benvida e entrega de documentación para a formalización da matrícula.
  • 11:20 horas: Charla informativa da orientadora: sobre as novidades da etapa de Infantil, Período de Adaptación do comezo de curso e algúns consellos para o verán.
  • 11:30 horas: Percorrido polas instalacións do centro, acompañados pola orientadora.
  • 11:45 horas: Visita á aula de Infantil.
  • 12:00 horas: tempo de lecer e convivencia co alumnado de Infantil e primaria no patio.
  • 12:30 horas: Ao finalizar o recreo, remate da xornada.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro xoves 12 de xuño levaremos a cabo a xornada de portas abertas para o alumnado de nova incorporación ao noso centro no curso 14/15.

 

A visita dará comezo ás 11:00 e agardamos que poidades asistir todos e todas. A xornada durará ata as 12:30 horas.

 

 

AS NOSAS ACTUACIÓNS NO FESTIVAL EUROCAIÓN

 

 

O BAILE DOS PAXARIÑOS

 

ILARIÉ

 

PUBLICIDADE PARA O FESTIVAL DE EUROCAIÓN

"LAS MUÑECAS DE FAMOSA"

 

REMATE DO FESTIVAL COA FAMILIA TELERÍN "VAMOS A LA CAMA"

PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS

 

A nosa postal foi unha das seleccionadas como gañadoras do concurso municipal deste ano. Grazas un ano máis, ao Concello de A Laracha, por seguir promovendo actividades cos centros educativos.

Agora, a disfrutar dos agasallos!

CONCURSO MUNICIPAL DE POSTAIS NAVIDEÑAS

Como ven sendo de costume por estas datas, recibimos unha invitación para participar no concurso municipal de postais navideñas e un ano máis, puxemos a voar imaxinación e dedicación. Esta combinación deu como froito esta postal xigante que se convirte nunha granxa de animaliños feitos con envases de cartón do papel hixiénico, en consonancia co noso proxecto da reciclaxe.

Foi un gran traballo de equipo, no que participaron dende o máis pequeniño ata o máis grande. Disfrutamos do proceso, de ver como todo ía cobrando forma e sentímonos felices co resultado.

Desexamos que vos guste.



PROXECTO: A RECICLAXE

Durante este primeiro trimestre traballamos a reciclaxe, facendo fincapé nas tres R:

REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR

Dende o colexio contribuímos a coidar un pouquiño máis o noso planeta: separamos o lixo das nosas merendas, tiramos o papel que xa non nos vale no colector azul, reutilizamos papeis, periódicos, bolsas e sobres,... e ata fixemos unha granxa de animaliños con materiais de refugallo!

Entre todos os nenos e nenas do colexio fixemos este mural, para recordar ben tres tipos de colectores de lixo que podemos encontrarnos nalgunhas rúas da vila de Caión.

Os rapaciños de Educación Infantil encargáronse de colorear e decorar o colector azul, foi o que máis nos gustou, porque o temos moi cerquiña, no noso patio de xogos, e cando xuntamos moito papel e cartón, gústanos sair a tiralo nós mesmos.

   

OBRADOIRO DE PLASTILINA: COGOMELOS

Aquí vos presento unha imaxe do resultado do noso obradoiro de plastilina máis outonal.

É moi sinxelo, nós fixémolos seguindo os seguintes pasos: primeiro fixemos un churriño e logo unha boliña que aplastamos e demos un pouco de forma; xuntámolo todo e cogomelo rematado!

Animádevos nas casas a facecelos de tantas cores e deseños como se vos ocorran.

AS NOSAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO SAMAÍN

Chega ao seu fin o mes de outubro e con el chega tamén a celebración dunha festa que mestura grandes doses de alegría e unha migalliña de medo, curiosa mistura que da lugar ao SAMAÍN.

A entrada do colexio transformouse con montóns de arañas e as súas teas cubriron portas e paredes, tamén nos encontramos con pantasmas, morcegos, ratos, cabazas e o esqueleto Ramiro disfrazado de bruxo.

Para seguir animándonos pintamos caveiras de cabaza e algúns morcegos, pronunciamos conxuros máxicos, contamos contos de medo, aprendemos cancións novas, pintamos a cara con maquillaxes terroríficas e fixemos unha careta monstruosa do noso amigo O GRÚFALO.

 

  

 

RECIBIMOS O OUTONO

De camiño ao cole vemos polas rúas máis follas das habituais, algúns compañeiros trouxeron distintas follas de cor marrón e tamén castañas, landras, millo, ... A mestra explica que temos que poñer a chaqueta para sair ao recreo, todo apunta a que o OUTONO xa está outro ano máis connosco.

 

Preparámonos para facer un mural mesturando moitas cores distintas e decatámonos de que, como por arte de maxia, transfórmase nunha paisaxe outonal.

Cun ceo rebosante de nubes, algunhas árbores e follas das que vaiamos recollendo da rúa e traendo ao colexio, xa teremos todo listo...  Iremos poñendo fotos a medida que o vaiamos facendo.

A ver que vos parece!

Tamén nos divertimos aprendendo cancións e contos relacionados con esta estación. Algúns deles podedes velos a continuación, pero podes atopar máis no apartado de RECURSOS.

E agora un dos nosos contos favoritos:

DESPEDIMOS O VERÁN

Mentras esperamos a ansiada chegada dos noso compañeiros de tres anos, que en setembro se incorporan un pouquiño máis tarde, os nenos e nenas de catro e cinco anos despiden o verán facendo un sol con pasta de modelar. Pero esta manualidade gardaba unha sorpresa,... pronto o noso Lorenzo se convertiría nun curioso colar. Mirade como quedou.

Distribuir contido


by Dr. Radut