En relación á temática dos SERES MITOLÓXICOS, proposta polo Equipo de Biblioludo para este trimestre, os alumnos de Educación Infantil acordaron, por maioría, investigar sobre AS BRUXAS.
O primeiro que fixemos foi falar de todo o que xa coñecemos sobre este curioso personaxe, e logo cada neno propuxo cousas que lle gustaría aprender; deste xeito empezamos a definir o que será o noso novo proxecto de investigación que nos manterá motivados para unha tempada.
Para empezar a investigar dirixímonos a nosa biblioteca do colexio en busca de libros sobre bruxas e como atopamos uns cantos, decidimos facer a seguinte exposición e ler un cada día na hora do conto.
Tamén pedimos a colaboración das familias para aportar todo o que estiveran relacionado co tema. Así foi como empezaron a chegar das casas máis contos, un pote e unha visita moi especial, nada máis e nada menos que tres bruxas e un mago. Foi un día inolvidable!