O vindeiro venres 6 de outubro colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 6 (para centros educativos) e 7 de outubro. As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que adiar a data.
Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.
Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta XII Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola un venres.
O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que veña con lubas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades.
Por fin, poderemos contar coa axuda e colaboración dos familiares do alumnado así como outros centros educativos do Concello (o CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e o CEIP Otero Pedrayo da Laracha) que axudaban outros anos. Nesta edición decidimos convidar a outras escolas próximas ao nosa vila, como son as Escolas de Educación Infantil de Arteixo (EEI da Lagoa, EEI de Larín e EEI de Rorís). Agardamos chegar a ser máis de 200 persoas axudando a manter limpos os nosos areais!
Remataremos a limpeza con algo de música! Ide practicando a canción!