RESUMO DE ACTIVIDADES. 3º TRIMESTRE
ABRIL
Reciclaxe e utilización de materiais de refugallo: Obradoiros familiares sobre diversidade animal con 17/4/23.
No mes do libro contamos con un obradoiro de dinamización á lectura chamado "Zoo- Frankestein", no cal as crianzas coa colaboración das súas familias exploraron libros sobre diversidade animal ( "El combibestiario" e "Animalario Universal del profesor Revillod") para despois facer as súas propias creacións artísticas con materiais de refugallo.
Relacionamos esta proposta coa adquisición de hábitos de ocio saudables, como son o achegamento á lectura e ás accións medioambientais, así como tamén á ocupación do tempo de lecer en familia.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Visita a Maremar – Cetárea de Caión. 18/04/23
Como a nosa comunidade educativa é moi diversa, temos a sorte de contar entre a veciñanza cunha das mellores cetáreas de Galicia ao lado da escola.
Ata alí nos desprazamos para coñecer de primeira man o proceso de cría de diversas especies animais, así como o seu o impacto ambiental e a importancia económica para a nosa Comunidade.
Relacionamos esta actividade co fomento dunha Alimentación saudable, no que o consumo de peixe e produtos mariños debe ser un aspecto fundamental.
Xornada Provincial de Sensibilización e coñecemento do Deporte adaptado ENKI (Complexo Polideportivo Universidade de Elviña). 19/04/2023
Asistimos, xunto con outros centros educativos á Xornada Provincial de Sensibilización e coñecemento do Deporte adaptado ENKI, que se celebrou no Complexo Polideportivo da Universidade de A Coruña, en Elviña.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Reciclaxe e Obradoiros de permacultura e horto ecolóxico. 24/04/23
Aproveitando as inquedanzas que temos por ampliar o noso espazo dedicado ao horto escolar e pola mellora das instalacións exteriores do centro convidamos a un experto asesor en Hortos ecolóxicos, que nos iniciou no mundo da permacultura.
Nesta primeira sesión sementamos sementes e transplantamos plantas utilizando recipientes reciclados (tetabricks).
Posteriormente, realizaremos máis actividades para o coñecemento das plantacións ecolóxicas. Estas actividades están enmarcadas no contexto do fomento dunha Alimentación Saudable e o coidado medioambiental da nosa contorna.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Visita ao Mercado de Elviña. 25/04/23
Como colofón aos proxectos de Ciencias desenvolvidos sobre Especies animais e Ecosistemas mariños e terrestres, o alumnado de Educación Infantil fixeron unha excursión ao Mercado de Elviña, onde, ademais de recoñecer distintas especies animais, froitas, verduras, etc... puideron comprobar in situ a conexión entre os diferentes sectores económicos e a importancia de mercar produtos de proximidade e tempada.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Visita á Planta potabilizadora A Telva. 25/04/23
Coa visita á ETAP de A Telva tivemos a posibilidade de coñecer todas as fases de potabilización da auga que chega ás nosas casas. Consistiu nunha charla introductoria e un percorrido guiado pola Planta que conta con maquetas, módulos interactivos e material de laboratorio.
Esta visita serviunos para recoñecer nosa implicación e responsabilidade no uso da auga potable.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Nova plantación do horto escolar. Abril, maio e xuño 23.
Coa chegada da primavera, o noso horto escolar comezou a encherse de vida, coa nova plantación (antes xa plantaramos sementeiras nos invernadoiros interiores). A partir de agora, cada aula fixo quendas para o seu coidado e rego.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade