Skip to Content

RESUMO DE ACTIVIDADES PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA. 2º TRIMESTRE Curso 2022-23. PLAN PROXECTA. "Ready, Steady... GO CAIÓN"

 RESUMO DE ACTIVIDADES. 2º TRIMESTRE

 

XANEIRO

Limpeza, preparación e abono do horto escolar.

Co inicio de ano procedemos á preparación do horto escolar para a nova plantación deste curso. Tarefa de renovación, da que foron encargados/as os alumnos/as do colexio.

 

 

Ligazón ao Álbum desta actividade

 

Proxecto Documental Integrado: Naturalmente, Caión!

Dende unha perspectiva interdisciplinar, comprobamos que a mellor forma de que os nosos cativos/as se conciencien da importancia do coidado dos nosos recursos naturais, e estando en contacto directo coa nosa contorna. Por iso, este curso, e dentro do contexto do noso Proxecto de Centro “A nosa contorna natural”, tiveron un especial protagonismo as actividades relacionadas coa nosa fauna e flora autóctona e as saídas medioambientais e deportivas pola nosa contorna.  

 Nas aulas levamos a cabo unha metodoloxía experimental, para que de forma práctica adquiran os coñecementos que lles achegarán as distintas realidades do noso planeta. Exemplo destas actividades atópanse no seguinte álbum de fotos.

Ligazón ao Álbum desta actividade

 

 

 

Día da Paz. Obradoiro “Palabras con corazón” e conmemoración na Plaza da vila. 30/01/23.

Con motivo do Día da Paz, O alumnado traballou nun obradoiro de Benestar emocional a partir do libro “Palabras con corazón” da autora Neal Kate Jean, onde se resaltou a importancia de hábitos emocionais saudables, a través de dinámicas nas que se traballou as distintas maneiras de percibir a realidade e a repercusión e impacto emocional das palabras que empregamos.

Posteriormente, rematamos coa creación dun mural conxunto conmemorativo na entrada da escola, coas nosas palabras preferidas para amosar amor e que nos fan sentir ben.

Entre outras actividades, aproveitamos a fermosa contorna que rodea o noso centro tamén para facer un acto conmemorativo, primeiro na praia (formando unha figura colaborativa do símbolo da Paz) e despois na Praza Eduardo Vila Fano de Caión, na que nos unimos a tódolos membros da Comunidade educativa, para interpretar a canción “A peor xogada”, creada polo grupo musical escolar “A música das baleas” do CEIP de Caión.

Relacionamos estas actividades co fomento dunha educación emocional de respecto e desfrute do medio que nos rodea, así como da adquisición de hábitos de benestar saudables. Ademais, melloramos as relacións interpersoais e a cohesión grupal a nivel de centro, así como a resolución de conflitos de maneira empática.

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

FEBREIRO

Entroido no CEIP de Caión.

Para pechar o mes de febreiro, celebramos un Entroido centrado en temas de conciencia social e medioambiental. Así, canda grupo-clase disfrazouse dunha temática relacionada co Proxecto de centro. Estas foron as diferentes temáticas:

Animais e vida submarina autóctona.

Animais e vida terrestre autóctona.

Ecosistemas terrestres ou mariños autóctonos.

Profesións relacionadas co coidado na natureza.

O día acompañou, así que o pasamos xenial nun día no que houbo Pasarrúas pola vila, xogos e bailes na pista polideportiva do cole.

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

entroido23

 

MARZO

Obradoiro de Primeiros Auxilios e de Hixiene Dental en Educación Infantil.

Os máis pequenos foron os protagonistas destes dous Obradoiros, aproveitando que temos varias profesionais  relacionadas coa saúde entre as familias das nosas crianzas. Así, dúas mamás achegáronse ao cole para compartir con nós as súas ensinanzas sobre Actuacións en situacións de emerxencia e sobre Saúde e coidados bucodentais.

   

 

Excursión ao Museo de Historia Natural (Santiago de Compostela) 28/3/23

Ata o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago, que se encontra no Parque de Vista Alegre, levounos o noso interese por aprender máis sobre biodiversidade.

Aprendimos que neste museo, ademais de levar a cabo investigacions formais, unha das súas misións primordiais é a divulgación científica ao público xeral. Alí gozamos coa colección permanente con pezas importantes para o estudo da biodiversidade e o medioambiente, ademáis de realizar uns Obradoiros moi interesantes.

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 

Actividade física na contorna da escola: Sendeirismo por Caión. 29/3/23.

Esta actividade comezou coa Andaina de principio de curso, onde puidemos apreciar especies autóctonas da fauna e da flora da zona. No Paseo Marítimo existen paneis informativos, onde os alumnos/as puideron comezar a recoñecer o nome e características de plantas e animais que xa lles eran familiares.

Cada trimestre intentamos saír a realizar actividade física, aproveitando para aprender máis na propia contorna.

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

IX Carreira de obstáculos pola inclusión ENKI. 31/03/2023

Esta Carreira, organizada pola Fundación Abrente, xa vai pola súa IX edición. No CEIP Caión “argallamos” probas nas que había que superar diferentes obstáculos, para concienciar aos nos cativos/as das dificultades diarias das persoas con diversidade funcional. Aprendemos de forma lúdica e pasamos un día xenial, practicando actividade física ao aire libre.

Temos que destacar a inestimable axuda dos voluntarios/as de 5º e 6º de Ed. Primaria, que se encargaron de que todo funcionase ás mil maravillas.

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

Xornada ENKI de concienciación sobre a inclusión e os deportes adaptados, da man de dous deportistas adaptados voluntarios. 22/03/2023

Xa por terceiro ano consecutivo celebramos no noso centro esta charla, para achegar o Deporte adaptado ao noso alumnado. Os deportistas con diversidade funcional, que a imparten, colaboradores da Asociación pola Inclusión Enki, son verdadeiros exemplos de esforzo, superación e inclusión, e a súa experiencia e os seus valores calan fondamente no noso alumnado.

 

Ligazón ao álbum de fotos desta actividade

 

 



page | by Dr. Radut