RESUMO DE ACTIVIDADES. 1º TRIMESTRE
SETEMBRO
Actividade física na contorna da escola: Programa MILLA DIARIA polo Paseo Marítimo de Caión. Todo o curso.
Neste curso 2021/2022 dende a área de Educación Física, participamos no Programa MILLA DIARIA,realizando unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo coa finalidade de incrementar a actividade física diaria do noso alumnado, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento da carga real de actividade física que realiza o alumnado.
O claustro do noso centro preocupado e concienciado polo mantemento da nosa contorna e o seu uso para gozar dela de maneira sostible, ideou unha ruta de aproximadamente unha milla (1,5 km) que percorriamos de forma diaria andando ou trotando.
Esta actividade foi levada a cabo por tódolos grupos-aula de xeito individual, (correndo polo Paseo Marítimo anexo ao centro escolar), agás un día á semana, que se realizaba de forma conxunta, correndo á mesma hora a totalidade do alumnado do centro.
En caso de condicións meteorolóxicas adversas, realizábase actividade física no interior da escola.
A principio de curso tivo lugar unha medición dos parámetros de composición corporal do alumnado (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>), a cal comparamos cunha nova medición dos mesmos parámetros ao final de curso para comprobar o nivel de mellora das crianzas.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
#ESSD2021. Día Europeo do Deporte escolar. 30/9/22
Con motivo do Día Europeo do Deporte escolar, celebramos unha Andaina pola contorna costeira da escola, aproveitando a saída para facer paradas nos paneis informativos sobre flora e fauna e avistar especies de flora e fauna autóctonas, as cales serán o obxecto do Proxecto Documental de Centro deste curso.
Salientar a presenza de lixo no roteiro e nas zonas verdes, o cal recollemos e tamén incidimos nas normas de convivencia (non coller flores, pedras, etc...).
Aproveitamos os espazos naturais da contorna da escola para gozar da actividade física, bailando unha coreografía e compartindo xogos populares no medio natural.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Recollida da colleita no horto escolar. 20/09/2022
No mes de Setembro recollemos a colleita da plantación feita antes do verán, no curso 2021-22.
Ligazón ao álbum de fotos da actividade
OUTUBRO
Obradoiro informativo micolóxico. Escola de sensibilización ambiental. Asociación ambiental AMABUL. 18/10/2022
A totalidade o profesorado e alumnado do centro asistiu a estes obradoiros interactivos sobre o mundo dos fungos, ofrecidos pola Asociación medioambiental AMABUL, os cales constaron charla divulgativae xogos didácticos en torno a esta temática.
Máis información sobre esta proposta: https://www.amabul.org/capacitacion-ambiental/cogomelar/
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Coñece o meu club : Xornada de achegamento á modalidade deportiva de Judo, en colaboración Judo Club Arteixo 26/10/2022
Este curso 22-23 tivemos unha Xornada de achegamento á modalidade deportiva de Judo, da man dos adestradores do Judo Club Arteixo, Iván e David.
Foi toda unha experiencia para as nosas crianzas!
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
NOVEMBRO
Obradoiro "Os peixes visitan a escola" impartido polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte. 03/11/22
Esta iniciativa do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte pretendeuse concienciar sobre a importancia de coidar as nosas costas e os nosos recursos mariños, ademais de destacar o produto local e introducir o peixe na dieta dos máis pequenos. Na xornada explicáronse as características das especies mariñas singulares e ademais degustouse unha hamburguesa de xurelos, realizada nun show-cooking polo cociñeiro Miguel Mosteiro.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Difusión da actividade nos medios de comunicación:
La Opinión A Coruña: https://galego.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2022/11/03/colegio-caion-aprende-valorar-pescado-78061300.html
La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/a-laracha/2022/11/04/span-langglpeixinos-pescado-mar-caionspan/0003_202211C4C8993.htm
NH Diario: https://nhdiario.es/el-ceip-de-caion-acogio-la-actividad-os-peixinos-van-a-escola-de-caion/
Diario de Laracha: https://eldiariodelaracha.com/sociedad-laracha/xornada-ceip-caion/
Clasificación de refugallos. Novembro 2022
Esta actividade comezou nos días anteriores á Limpeza de praias, coa activación dos coñecementos previos do alumnado e a súa conciencia medioambiental mediante un repaso teórico con guías de reciclaxe e clasificación de residuos.
Despois deste traballo o alumnado mostrouse preparado para clasificar os residuos que atoparon na saída á praia para a súa limpeza .
X Limpeza de praias de Caión. 10/11/22
Xornada de Limpeza das Praias e do Porto de Caión. En colaboración con ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza).
Nesta edición acompañáronnos nesta xornada o alumnado do CEIP Alfredo Brañas (Paiosaco) e CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha).
A actividade consistiu en acudir ás praias e porto, en grupos de traballo, coa colaboración de adultos acompañantes, para recoller o lixo.
Para esta labor utilizamos caixóns plásticos previamente decorados polos nenos coas palabras: ordinarios, orgánicos, orgánicos compostables, papel e cartón, plástico e vidro. Os rapaces repartiron nestes grupos os residuos atopados na Praia, e os anotaron na folla de rexistro a totalidade de residuos atopados. Ao final da xornada pesáronse os residuos retirados e sumáronse a totalidade de quilos.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Difusión da actividade nos medios de comunicación:
NH diario: https://nhdiario.es/o-ceip-de-caion-colaborara-na-limpeza-de-praias-organizada-por-adega/?lang=gl
La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2022/11/11/span-langgl-lixo-acaba-mar-os-peixes-morren-meu-avo-queixasespan/0003_202211C11C5992.htm
El Correo Gallego: https://www.elcorreogallego.es/concellos/escolares-de-tres-colexios-da-laracha-limparan-este-venres-a-praia-de-caion-LD9252814
Conmemoracións do Magosto e do Samaín: realización de xogos e xoguetes populares. 28/10 – 11/11/2022
Para conmemorar o Magosto fixemos diversas actividades por aulas en torno ás castañas e tamén xogos populares para manter vivas as nosas tradicións culturais.
Para rematar e en colaboración coa a A.N.P.A do centro, tivemos unha degustación de produtos do outono.
O Samaín foi celebrado tamén coa realización de diferentes obradoiros de manualidades, xogos con música e coreografías.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade: Magosto
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade: Samaín
DECEMBRO
Festival de Nadal: Coreografías e actuacións musicais. 22/12/22
Este ano vivimos un Festival de Nadal moi emocionante, pois puxemos todo o noso empeño en ensaiar as nosas paxoliñas, bailes, coreografías e actuacións teatrais para o goce de toda a Comunidade educativa.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade