Skip to Content

O CEIP de Caión coordina e colabora na XI Limpeza colectiva de praias de ADEGA.

Outro ano máis colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia.

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai  mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta XI Edición da limpeza de simultánea de praias. Esta gran recollida estaba planificada para outubro, mais vímonos na obriga de adiala. Finalmente farémola o xoves 10 de novembro. As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que adiar a data. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto no que empezamos este curso: "Voz Natura".

Nesta edición volveremos a contar coa colaboración e implicación do alumnado de outros centros do Concello. Así asistirán as crianzas de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco e os de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha.

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que veña con lubas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades. Asemade cómpre traer calzado e roupa adecuada a situación climatolóxica.

Podedes colaborar con nós acudindo á praza ás 10:15 horas, dende onde comezaremos a distribución do voluntariado.

Ide practicando a canción:




page | by Dr. Radut