Aprende a través do surfing. 28-29/4/22
En colaboración coa asociación Surf & Clean, realizamos unhas xornadas de achegamento ao deporte do surf, como medio de concienciación cidadá.
O programa educativo se divide en actuacións en 3 ámbitos:
1- Formación nas aulas: sesión no patio da escola onde se traballa conceptos medioambientais sobre o coidado dos espazos naturais acuáticos.
2- Visita ao medio natural e Conceptos de Ciencia Cidadá (residuos e contaminación por plásticos, coñecer especies autóctonas e alóctonas, seguridade e recoñecemento dunha praia como ecosistema dinámico).
3- Práctica deportiva: Bautismo de Surfing na auga.
·
Nestes momentos realizamos a primeira sesión de “Formación nas aulas” e temos pendente para finais do mes de maio a sesión na praia.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Máis información sobre este Programa educativo: http://surf-and-clean.com/aprende-a-traves-del-surfing/
MAIO
Xornada ENKI de concienciación sobre a inclusión e os deportes adaptados, da man de dous deportistas adaptados voluntarios. 05/05/2022
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Recicla con enerxía. 3ª Edición do Concurso Pilabot
Na nosa busca por educar na reciclaxe de residuos, participamos un ano máis neste concurso, promovido pola Xunta de Galicia, Ecopilas, ERP e Ecolec, como unha campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.
Tanto foi o noso esforzo que acadamos o 2º Premio na categoría “Ranking de quilos de residuos de pilas recollidos por alumno/a”, recollendo unha media de 49,36 kg por alumno, sobrepasando as 3 toneladas de pilas e acumuladores reciclados.
Ligazón ao anuncio da resolución do Concurso: https://pilabot.gal/o-colexio-santiago-apostol-de-naron-e-o-cra-amencer-de-ribadavia-ganan-a-terceira-edicion-do-concurso-pilabot-de-recollida-de-pilas/
Máis información sobre este Concurso: https://pilabot.gal/es/
Xornada de achegamento á modalidade deportiva de Fútbol, en colaboración con Pablo López (Adestrador do Racing Clube de Ferrol).
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Obradoiros eco-ambientais Vía Inqueda – Senda Nova. 12/05/2022
Traballamos en colaboración coa Asociación medioambiental Senda Nova e a empresa “Vía Inqueda. Natureza e patrimonio”, nuns Obradoiros de concienciación medioambiental para os alumnos de 3º a 6º de Ed.Primaria.
No obradoiro “Escondidos entre a brétema”, realizado na aula, traballaron accións de achegamento e interpretación do patrimonio natural (curiosidades de animais mamíferos autóctonos: indicios, excrementos, fabricación de pegadas con barro, etc...). Estes obradoiros se complementarán cunha Andaina-roteiro guiado polo bosque da contorna da escola, onde se traballarán os seguintes contidos:
-
Sendeirismo consciente- indicios e pegadas de mamíferos que poboan a nosos montes
-
Observación das especies arbóreas atopadas polo camiño (autóctonas ou invasoras).
-
Fotografía de especies atopadas, para o súa exposición no centro educativo.
Esta é unha iniciativa da ASOCIACIÓN AMBIENTAL SENDA NOVA, que pretende achegar o coñecemento dos mamíferos autóctonos máis significativos.
Máis información: https://www.sendanova.org/noticias/hai-espias-no-noso-bosque
Ligazón ao álbum de fotos do obradoiro “Pegadas”.
Máis información sobre Vía Inqueda: https://viainqueda.com/nos.html
Máis información sobre Asociación medioambiental Senda Nova: https://www.sendanova.org/
Día da familia: Xornada en familia de achegamento á modalidade deportiva de Judo, en colaboración con Bernardo Romay, director do Judo Clube Coruña. 19/05/2022
Este curso 21-22 celebramos o Día da Familia, invitando á comunidade educativa a Participar nunha Masterclass de Judo, da man de Bernardo Romay (director do Judo Club Coruña) e Adriana Amor.
Mamás, papás, avóas, avós, mestras/es e a rapazada do cole, gozamos un montón das súas ensinanzas!
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Ligazón ao vídeo resumo da actividade
Sesións de Educación física e xogos populares na praia.
Cando a climatoloxía é favorable, fomentamos a Aprendizaxe na contorna saindo a realizar as sesións de Educación Física na praia: carreira continua polo Paseo Marítimo e a praia, xogos predeportivos cos máis pequenos ou práctica de deportes na praia (como o volei-praia) cos maiores, son algunhas das actividades que realizamos durante o curso.
No terceiro trimestre dedicamos unha xornada enteira a gozar das posibilidades que ten a nosa costa, practicando Xogos Tradicionais e populares propios da zona.
XUÑO
Obradoiros “aprende a través do Surfing”. Bautismo de surf e xogos tradicionais na praia de Salseiras (Caión). 9-10/06/2022
En colaboración coa asociación Surf & Clean, realizamos unhas xornadas de achegamento ao deporte do surf, como medio de concienciación cidadá.
O programa educativo dividiuse en actuacións en 3 ámbitos:
1- Formación nas aulas: sesión no patio da escola onde se traballa conceptos medioambientais sobre o coidado dos espazos naturais acuáticos.
2- Visita ao medio natural e Conceptos de Ciencia Cidadá (residuos e contaminación por plásticos, coñecer especies autóctonas e alóctonas, seguridade e recoñecemento dunha praia como ecosistema dinámico).
3- Práctica deportiva: Bautismo de Surfing na auga e xogos cooperrativos na area.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Festival de Cine escolar Olloboi. 10/06/2022
Participación no Festival de Cine escolar Olloboi: desprazámosnos a Boiro para participar neste festival audiovisual de curtametraxes, onde participamos coa creación de “curtas” sobre hábitos saudables.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Roteiro interpretativo pola Lagoa de Baldaio (Asociación medioambiental Senda nova). 14/06/2022
Esta é unha iniciativa da ASOCIACIÓN AMBIENTAL SENDA NOVA, que pretende achegar aos máis cativos/as o coñecemento das especies de aves autóctonas máis significativas, que podemos encontrar na Reserva natural da Lagoa de Baldaio.
Nesta saída guiada ao medio natural traballamos accións de achegamento e interpretación do patrimonio natural, así como recomendacións e medidas para respectar a nosa contorna. Ao alumnado encantoulle o avistamento de distintas especies de aves e peixes que alí atopamos.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Actuación de fin de curso do Coro musical escolar, para as familias. 20/06/2022
Este final de curso tivemos a sorte de gozar cunha actuación especial moi emocionante do Coro musical escolar, que levan ensaiando tódalas semanas do curso para compartir o seu bo facer con toda a Comunidade Escolar.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade
Excursión de Fin de curso: Ecomuseo Forno do Forte (Buño) e convivencia no CEIP de Buño. 21/06/2022
Como broche a este curso tan intenso, marchamos de excursión por terras malpicanas: alí gozamos dunha visita ao Ecomuseo Forno do Forte, en Buño, onde aprendemos moitas cousas da nosa tradición cultural galega, despregamos a nosa creatividade nun obradoiro de barro, camiñamos pola vila de Buño e rematamos con xogos nas instalacións do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
Ligazón ao álbum de fotos desta actividade