Skip to Content

O ENTROIDO

O ENTROIDO COMEZOU NO COLEXIO, O DÍA 13 DE FEBREIRO SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS DO MECO, E COMO TODOS OS ANOS SEGUIUSE CON MOITO INTERESE, VELAÍ UNHA MOSTRA

 

DESPOIS, COMEZAMOS A DECORAR A ENTRADA DO CENTRO PARA AMBIENTAR O QUE VIÑA A VIR PRÓXIMAMENTE ....

O CASTELO DOS NENOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL, QUE ELABORARON CON MOITO TRABALLO CON CARTÓNS DE LEITE, DURANTE MOITO TEMPO, A VERDADE QUE QUEDOU PRECIOSO...

A BRUXA NA PIRA, E DE FONDO A PRAZA ONDE SE QUEIMABA A BRUXA, ....


E COMO NON, O AQUELARRE QUE NON PODE FALTAR FALANDO DE BRUXAS.

EXPOSICIÓN DE BRUXAS, POLO QUE TEMOS QUE DARLLE AS GRAZAS A BEGOÑA VÁZQUEZ QUE NOS CEDIU ESTA MARABILLA DE MATERIAL.
E ASÍ QUEDOU TODO, ...



CHEGOU AO FIN O DÍA DA FESTA DO ENTROIDO, ONDE TODOS PARTICIPAMOS NA NOSA MEDIDA, TODOS NOS DISFRAZAMOS COA TEMÁTICA ADECUADA PARA PODER VER A OBRA "NOITE DE BRUXAS", QUE REPRESENTARON OS ALUMNOS/AS DO CENTRO E ANTIGOS ALUMNOS/AS. COMO TODOS OS ANOS TEMOS QUE AGRADECER A J. J. MOSQUERA E MARÍA DOMATO, DIRECTORES, GUIONISTAS, DECORADORES, TÉCNICOS DE ILUMINACIÓN E SON... E DE TODO O PRECISO PARA MONTAR ESA MAGNÍFICA OBRA.


  

AO FINAL SEGUINDO A TRADICIÓN DE TODAS AS FESTAS EN GALICIA REMATAMOS COMENDO, GRAZAS A ANPA DO CENTRO QUE SEMPRE NOS COIDA E NOS ACERCA A DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS PROPIOS DESTAS DATAS ...


INFORMAR QUE NO CENTRO CONTAMOS CUN VIDEO DA OBRA DE TEATRO, OS INTERESADOS/AS TERÁN QUE DIRIXIRSE Á DIRECCIÓN DO CENTRO.


page | by Dr. Radut