Continuando co trabalollo dos ODS, coincidindo co ODS16, O vindeiro venres, 18 de marzo celebraremos a 2ª edición da nosa carreira solidaria que, como lembraredes, o ano pasado foi a favor do Banco de Alimentos.
Nesta ocasión queremos contribuír á axuda humanitaria da situación de conflito que se está a producir en Ucraína na actualidade.
Tras a súa aportación e distribución na urna solidaria que temos no colexio poderán participar na carreira co seguinte itinerario:
A recadación de todo o colexio será ingresada na conta bancaria da ONG "Cruz Vermella" que está a traballar na fronteira de Ucraína e nos teñen informado de que a aportación en metálico é a forma máis rápida e efectiva de axudar a salvar vidas e reconstruir comunidades destrozadas.
Estas doazóns farán as veces de patrocinio para que as nosas crianzas corran con maior énfasis, se cadra, a distancia correspondente á súa categoría. Este será o seu horario e número de voltas ao circuito:
- 10:20h: Ed. Infantil 1: Unha volta ao circuito.
- 10:30h: Ed. Infantil 2:Unha volta ao circuito.
- 10:40h: 1º/2º Ed.Primaria: Dúas voltas ao circuito.
- 10:50h: 3º/4º Ed. Primaria: Tres voltas ao circuito.
- 11:05: 5º/6º Ed. Primaria: Catro voltas ao circuito.
- 11:20:Entrega de merenda e foto co donativo recadado.
Agardámosvos para que poidades darlles o pulo preciso para que corran pola paz como se merece!