Dende o día 1 ao 21 do mes de marzo, poden proceder á solicitude de admisión para o novo alumnado.
Teñen a súa disposición a solicitude na dirección do centro ou pode descargala no seguinte enlace. Tamén existe a posibilidade de cubrir a solicitude online na aplicación da Xunta "admisionalumnado". En todo caso deberá ser presentada finalmente no centro, a non ser que se valide na SEDE ELECTRÓNICA. (é preciso ter activado o servizo Chave 365 ou Certificado electrónico).
O proceso terá o seguinte calendario:
Calendario do proceso de admisión para o curso 2019/20 | |
Publicación de vacantes | 1 de marzo |
Presentación de solicitude de admisión | Do 1 ao 21 de marzo |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos | Antes o 26 de Abril |
Publicación de listaxes definitivas | Antes de 15 de maio |
Formalización de matrícula | Do 20 ao 30 de xuño |
Solicitude de admisión: Do 1 ao 22 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)
- Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2022/23.
Documentación: Como indica o punto 5 da orde do 25 de xaneiro, coa solicitude de admisión adxuntarase:
- Impresos de solicitude cumprimentados
- Copia DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.
- Documentación acreditativa do requisito de idade do/da alumno/a.
- Documento acreditativo de estar en dispoisición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
- Xustificantes se o alumnoa/a presenta necesidades específicas de apoio educativos (achegando, se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas, se for o caso).
Unha vez transcurrido o prazo de admisión e publicadas as solicitudes admitidas, neste enlace podedes descargar a solciitude de formalización de matrícula (no mes de xuño con Anexo III).
Prazas vacantes | ||||||
EDUCACIÓN INFANTIL | ||||||
Niveis | 4º INFANTIL | 5º INFANTIL | 6º INFANTIL | |||
Prazas ofertadas |
25 3 (NEE) |
6 | 2 | |||
EDUCACIÓN PRIMARIA | ||||||
Niveis | 1º CURSO | 2º CURSO | 3º CURSO | 4º CURSO | 5º CURSO | 6º CURSO |
Prazas ofertadas | 0 | 4 | 3 | 6 | 3 | 4 |
HORARIOS
HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.
SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H
SERVIZO DE COMEDOR: De 14:30 a 16:00h
SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS
- TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
- COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que é xestionado pola ANPA. Os usuarios poden ser fixos, fixos-discontinuos ou esporádicos.
- BIBLIOTECA - LUDOTECA -SALA DE ESTUDOS: (de valde) O alumnado terá a súa disposición dende ás 16:00h ata as 18:00h de luns a xoves. Estas actividades son guiadas por profesorado do centro.
- OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h.
OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023
- Anexo II: "ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS (ED550B)
- Indicacións para cubrir o Anxo II.
- Anexo III: "DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA"
-Enlace á web da Xunta con información sobre o procedemento.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXOII. 2022 Admision alumnado (ED550B) CEIP DE CAIÓN. Pag 1-5.pdf | 698.72 KB |