Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos, o 26 de novembro celebraranse as votacións para escoller os representantes da comunidade educativa no consello escolar do centro.
Ao sector de profesorado correspóndelle elixir a 1 representantes entre os candidatos/as que se presenten.
No taboleiro do centro está exposto o censo de responsables para todos/as os que queiran comprobar se os seus datos son os correctos antes da votación (do profesorado).
Unha vez que se constitúa a xunta electoral tras o sorteo do día 5, comunicaranse o calendario de actuacións e os modelos de presentación de candidaturas.
Máis información nos adxuntos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
1. Información do sorteo Xunta electoral a realizar o 5 de novembro._signed.pdf | 377.11 KB |
Funcións do consello escolar 2021-22.pdf | 431.78 KB |
Resolución 20 de setembro de 2021.pdf | 688.15 KB |
decreto_92_1988.pdf | 25.64 KB |
2. Candidatura profesorado 21-22.pdf | 330.46 KB |