Skip to Content

RESUMO ACTIVIDADES PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO "Contra o aburrimento, Caión en movemento" (3º Trimestre)

22,23,24 / 03/21: aprende a través do Surfing:

O tercerio trimentre estivo marcado polo noso acercamento á filosofía de vida do deporte do Surf, grazas a nosa participación o Proxecto “Aprende a través do Surfing”.

Primeiro, cunha sesión no propio centro, onde a empresa Surf&Clean trouxo unha morea de equipamento para aprendermos coñecementos sobre o surf, centrándose tamén no coidado do medioambiente e na importancia de manter o noso litoral libre de lixo.

No mes de maio, cando o tempo mellorou, fomos á praia repartidos/as por aulas burbulla, a facer un bautismo de surf, do que saímos exhaustos/as, pero encantados/as de realizar unha actividade tan divertida e enriquecedora.

Preme aquí, para ver un vídeo sobre o proxecto.

Preme nas imaxes, para ver máis fotos e vídeos:

Xornada de achegamento ao surf, no centro:

Bautismo de Surf na praia de Salseiras:

 

13-26/05/21 Xornadas “Falemos Xogando” de concienciación sobre a diversidade funcional auditiva. Proxecto Enki:

Traballando a concienciación sobre as diferentes diversidades funcionais, e en colaboración coa Fundación Abrente participamos nas xornadas de sensibilización “Falemos xogando” que constaron dunha charla online de concienciación sobre as persoas con diversidade funcional, na que colaboraron a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e a Organización Nacional de Cegos Española (ONCE), a creación dun mural pintado co alfabeto dactilolóxico español e co alfabeto Braille.

Utilizamos ámbalas dúas experiencias para realizar actividades nas clases posteriores, como a experimentación de deportes adaptados nas clases de Educación Física ou a creación dos nosos nomes cos distintos alfabetos nas clases de Linguas.

 

 

2-4/06/21: Visita ao MUNCYT:

Noutra das nosas excursións, (en colaboración co Concello, que participou coa financiación dos autocares), asistimos por grupos en varios días á Coruña a visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).

Foi unha visita moi enriquecedora, onde tamén aproveitamos a visita e o bo tempo para percorrer o Paseo marítimo coruñés, ademáis de gozar no tempo de lecer das inmediacións e as vistas dende o Monte de San Pedro.

Preme na imaxe, para ver máis fotos e vídeos:

 

11/6/21: Roteiro interpretativo pola costa de Caión:

Xa como despedida deste curso,volvemos sacar as aulas ao exterior, participando nun roteiro interpretativo pola costa de Caión, coa colaboración da Escola Medioambiental Senda Nova.

O alumnado de 3º a 6º de Primaria, aprendendo en profundidade particularidades da fauna e a flora da nosa costa, mentres que os alumnos/as máis cativos realizaron unha andaina coas súas mestras, no que mesturaron coñecementos de ciencias con actividade física.

Gozamos dun día estupendo, ao carón da escola!

 

15/6/21: Xornada de actividades na praia:

Aproveitando o bo tempo e as posibilidades que nos ofrece a nosa contorna, pasamos un gran día practicando xogos populares e realizando castelos de area na praia de Salseiras de Caión.

 

 

 

13-20/5/21 Xogos populares e tradicionais:

Nas sesións de Educación Física do mes de maio, próximas ao Día das Letras Galegas, tivemos un achegamento aos Xogos populares e tradicionais de Galicia. Petanca, mariola, comba, trompos ou tabas foron algúns dos divertimentos propios dos nosos nais/pais ou avós/avoas que recordamos nestas sesións.

 

 

Creación de Xoguetes con materiais de refugallo

Tamén nas sesións de Educación Física houbo tempo para construir xogos e xoguetes con materiais de refugallo.

Nesta actividade colaboraron tamén as familias, e foi moi destacable a creatividade que desprenderon na construción dos xoguetes. Tanta, que fixemos unha exposición con tódalas creacións.

 

16-18/06/21. Excursións de Fin de curso: “O enredo do abelleiro” (Portodemouros) e Fervenzaaventura (Silleda)

Como cúlmen a este curso tan atípico como apasionante marchamos de excursións de Fin de curso.

Os alumnos/as de Ed. Infantil remataron o seu proxecto sobre “As abellas” cunha visita ao centro apicultor “O enredo do abelleiro”.

Os alumnos/as de Ed. Primaria gozamos dunha excursión chea de actividade física e educación medioambiental na Granxa-escola Fervenzaaventura.

 Preme nas imaxes, para ver máis fotos e vídeos:

Educación Infantil: O enredo do abelleiro

Educación Primaria: Fervenzaaventura

 



page | by Dr. Radut