FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2021-2022.
Lembrámosvos que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño. Solicitarase CITA PREVIA: vía telefónica (881880694) ou correo electrónico (ceip.caion@edu.xunta.es).
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:
1.- Formulario de matrícula: (descargar aquí) ou solicitar no centro.
2.- Dúas fotos tamaño carnet.
3.- Copia da tarxeta saniataria do alumno/a.
4.- Certificado de empadroamento.
5.- Libro de familia (se non entregou na admisión).
6.- DNI/NIE dos proxenitores e do alumno/-a (se o ten e se non se entregou).
7.- Transporte escolar (cubrirase no momento de formalizar a matrícula).
8.- Comedor escolar (Xestionado pola ANPA. Información ao formalizar a matrícula).