O noso CEIP de Caión, como sabedes, está adscrito ao IES Agra de Leborís (A Laracha), isto quere dicir que os nosos alumnos/as poden reservar praza, si así o quixeren, neste instituto. O prazo de reserva é dende o día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, e debe entregarse a solicitude á titora no centro (formulario normalizado (ED550A) debidamente cumprimentada) ou a través da aplicación "admisiónalumnado" cuxo link é o seguinte https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Os nenos/as que desexen ir a outro instituto non poden facer reserva de praza. Deberán presentar solicitude de admisión no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.
Un neno/a que non reserve praza no IES Agra de Leborís (A Laracha) no prazo establecido perderá os seus dereitos sobre a mesma.
Así mesmo un neno/a que ten unha reserva presentada para o IES Agra de Leborís, non pode solicitar outro centro sen renunciar a súa reserva antes do 1 de marzo, pois perdería o dereito de prioridade en ambas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo.pdf | 441.77 KB |
anexo_i_g_(ED550A).pdf | 1.36 MB |
Circular informativa reserva praza IES.pdf | 497.46 KB |