Skip to Content

LIMPEZA COLECTIVA DA PRAIA DE CAIÓN

 

O vindeiro venres 16 colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 16 (para centros educativos) e 17 de outubro. As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que adiar a data.

 

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai  mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

 

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta IX Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola un venres.

 

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que veña con lubas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades.

 

Moi ao noso pesar, nesta ocasión non poderemos contar coa axuda e colaboración dos familiares do alumnado así como outros centros educativos e asociacións que axudaban outros anos, chegando a ser preto de 400 persoas na edición pasada. Farémolo de xeito adaptado á situación ocasionada polo Protocolo COVID, e cada clase recollerá as zonas asignadas a tal fin de xeito que non se mesturen entre elas.

 

Ide practicando a canción!!

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut