Estamos de volta no cole e temos que adaptarnos á nova normalidade, seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia estamos perfilando o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documento provisional sobre o que traballar polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento. Mañá será presentado ao Consello Escolar e en canto estea aprobado será publicado (agardamos poder facelo o luns 7).
O VINDEIRO XOVES 10 DE SETEMBRO COMEZAN AS CLASES E O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR.
Dada a situación especial que vivimos este curso, o comezo das clases será gradual, como indica a Resolución que establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21.
Según dispón no seu punto único:
1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3ºcurso de educación primaria.
2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.
De cara á unha boa adaptación do a alumnado de E.Infantil e acollidos ás instrucións do protocolo en contexto Covid19 nos centros escolares e as recomendacións do Calendario Escolar; este ano como excepcionalidade ante a pandemia, poderase realizar o período de adaptación en todos os cursos da etapa de Infantil.
Por este motivo é altamente recomendable que:
- O alumnado de nova incorporación (3anos) o leve a cabo debido á súa importancia cara un bo acollemento das rutinas escolares.
- Para alumnado de 4 e 5 anos período voluntario, por mor da falta de contacto co centro debido ao illamento sufrido dende marzo do curso pasado. Decisión de cada familia en función das circunstancias persoais e emocionais de cada neno/a. Existe tamén a posibilidade de mandar a estealumnado a tempo completo de 9:30 a 14:30.
Agregamos 2 arquivos adxuntos co calendario de adpatación, que será diferente para cada unha das aulas de Infantil deo centro. Queremos lembrar que o grupo de 4º de infantil divídese, quedando distribuídos do seguinte xeito (como xa se vos informou en xuño):
Infantil 1 (4º-5º): Alumnado de 3 anos (novo), Brais, Manuel Castro, Daniel, Manuel Otero e Adrián.
CALENDARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL 1 (4º-5º)
Infantil 2 (5º-6º): Mateo, Valeria García, Mauro, Sabela, Miguel, Erin, Valeria Rojo, Inés, Lis e o alumnado de 6º de Infantil.
CALENDARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL 2 (5º-6º)
A Dirección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3 e 4 ANOS 2020-2021 - Covid19.pdf | 69.36 KB |
PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4e5 ANOS 2020-2021 - Covid19.pdf | 443.51 KB |