Acércase un día moi salientable na nosa comunidade autónoma: O día das Letras Galegas. E para celebralo imos rememorar unha parte imprescindible da nosa cultura e que se foi transmitindo de xeración en xeración. Agora tócavos a vós practicalos e ensinarllos a todos os vosos amigos e amigas, para que nunca se perdan e sempre teñades recursos para xogar. Por máis cuarentenas que haxa! ;)
Nesta ocasión comezamos cos xogos con... Goma elástica!!! Cando era pequena, era o meu xogo favorito. Podía enredar horas e horas con ela. Animádesvos? Comezamos!
- ALTURIÑAS: 2 personas quedan e suxeitan a goma polos extremos estirándoa sen que chegue ao máximo. O xogo comeza na primeira posición: os nocelos, e segundo vaian saltando todos os xogadores/as vaise subindo de nivel a goma. As posicións son as seguintes:
* Primeiras: goma nos nocelos.
* Segundas: xemelgos.
* Terceiras: xeonllos.
* Cuartas: debaixo dos glúteos.
* Quintas: cintura.
* Sextas: debaixo das axilas.
* Séptimas: á altura do mentón.
* Oitavas: nariz.
* Novenas: fronte.
* Décimas: sobre a cabeza.
A goma hai que pasala sempre por riba e se non se logra superar a altura, se apanda nun dos extremos da mesma.
- Telaraña: 2 persoas suxeitan a goma polos laterais, crúzanse, písanse e enrédanse todo o que se poida ata formar un entramado similar ao da telaraña. Polo medio da mesma e sen pisar teñen que pasar o resto de xogadores/as.
- Calippo: hai que ir saltando a goma mentres se canta a seguinte canción: "Calippo/ipo/ipo/es el helado que te quita el hipo/si lo aprietas sube/si lo dejas baja/sube y baja/sube y baja con/calipo". Podedes ver mellor a forma de xogar no seguinte vídeo:
- Sangre cuajada: Xógase mentres se canta a seguinte canción: "Sangre cuajada de primera división/me voy al cementerio para hacer la digestión/Mi casa es un castillo/mi cama un ataúd/y mi comida favorita las pipas con pus". Tamén hai que ir superando niveis nos que se empeza saltando a goma dun xeito moi doado e despois se vai complicando a forma de enganchala. Coma sempre quen perde, apanda nun dos extremos da goma.
- Chicle americano: A canción di así: "Chicle más chicle/más chicle americano/que se estira/que se encoge/que se pisa/y que se sale", mentres se realizan os movementos correspondentes:
- Chanclas patanclas: Este xogo é bastante máis complexo de coordinar. Pero vós podedes!!! A canción di: "Chanclas/clas/patanclas/clas/azules/les/y blancas/cas/chanclas/patanclas/azules/y blancas".