No DOG do 6 de maio de 2020 publicouse a RESOLUCIÓN do 5 DE MAIO DE 2020, DA Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, restablece o sistema de admisión de alumnado.
Asemade a Xunta vén de publicar a: RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 7 DE MAIO DE 2020 SOBRE O RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO modificando so prazos da mesma que quedan como seguen no seguinte novo calendario (PREMEDE NA IMAXE OU AQUÍ).
- O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio, ambos inclusive, en horario de 10:00 a 13:00, na secretaría do colexio.
- A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. Aínda que se recomenda entregala coa solicitude.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.
- Reclamacións contra a listaxe provisional no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación de listaxes definitivas do alumnado admittido e non admitido 26 de xuño.
- Formalización da matrícula dende o 1 ata o 10 de xullo.
NORMAS DE SEGURIDADE.
Agradeceríase que para realizar a xestión na secretaría só asista unha persoa provista a poder ser con mascarilla e luvas e por favor manteñan a distancia de seguridade.
NOTA: O CENTRO SÓ ATENDERÁ O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. RESTO DE CONSULTAS E TRÁMITES SE ATENDERÁN TELEFÓNICAMENTE E POR CORREO ELECTRÓNICO.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
RESOLUCIÓN RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO.pdf | 125.23 KB |
Novo calendario de admisión CEIP de Caión.pdf | 121.47 KB |