Ola rapazada! Xa levamos uns cantos días nos fogares. É certo que cumprir a nosa programación de Educación Física deste xeito é complicado, pero sempre podemos buscar recursos para continuar a levar unha vida activa que ben sabedes que o exercicio e a actividade física son imprescindibles para a nosa saúde. Buscade cada día, aínda que non nos tocase sesión de EF, un ratiño para movervos e, se ademais conseguides contaxiar ao resto da familia e incluso.... Por que non? Facer de profes e de profas para eles, seguro que o pasades fenomenal. Eu vos irei dando ideas aínda que non teño dúbida de que as vosas cabeciñas dan para moito. Imos aló!!!!!
Como a estas alturas probablemente algún ou algunha estamos "oxidados" (polo menos eu :) ) sería bo comezar o día cuns exercicios de movilidade articular e estiramentos que nos axuden a poñernos en marcha e a cargarnos de enerxía. Animádesvos?
Nota: Lembra que un estiramento consiste en manter a posición que indica cada debuxo durante 15-20 segundos sen facer rebotes (avanzar adiante e atrás) e que NUNCA debe DOER!! Tes que notar que a zona muscular está en tensión pero non chegar ao punto en que moleste. Sempre é mellor ir pouco a pouco e xa verás como cada semana consigues chegar máis alá.
E para desconectar e botarse unhas risas.. Por que non un baile?? Avísovos que é moi pegadizo!