Este curso o noso centro vai participar novamente nas carreiras de campo a través organizadas a través do programa deportivo Xogade. Xa temos toda a información do evento, que vos facilitamos a continuación:
Data da carreira: venres 29/11/19.
Lugar de celebración: Campo de fútbol municipal das Eiroas, polígono de Bértoa, Carballo.
Categorías:
- Benxamín masculino e feminino. Alumnos/as nados no 2012-2011.
- Alevín masculino e feminino. Alumnos/as nados no 2010-2009.
- Infantil masculino e feminino. Alumnos/as nados no 2008-2007.
Horarios das probas: Aproximadamente para cada categoría, son os que seguen:
HORA | CATEGORÍA | DISTANCIA | VOLTAS |
10:15 | Cadete masculino | 2400 m | 4 voltas |
10:30 | Cadete feminino | 1200 m | 2 voltas |
10:45 | Infantil masculino | 1200 m | 2 voltas |
11:00 | Infantil feminino | 1000 m | 2 voltas con saída 2oo m adiantada |
11:15 | Alevín masculino | 1000 m | 2 voltas con saída 200 m adiantada |
11:30 | Alevín feminino | 800 m | 2 voltas con saída 400 m adiantada |
11:45 | Benxamín masculino | 600 m | 1 volta |
12:00 | Benxamín feminino | 500 m | 1 volta |
Deste xeito, se tedes oportunidade, podedes acercarvos ao estadio a animar a todos e todas os participantes.
No enlace que aparece a continuación podedes consultar a normativa ao respecto enviada dende Deporte Escolar.
A todos e todas os nenos que van correr, desexarlles que sexa unha xornada de deporte e diversión na que o importante non será gañar senón esforzarse. Tamén aproveitamos para recordar que, se a climatoloxía non acompaña, é recomendable que levedes roupa de recambio (zapatillas, calcetíns, pantalón e suadeira) para voltar ao colexio secos e secas no caso de que chova. Ánimo!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Normativa Campo a Través Carballo Curso 2019-2020.pdf | 222.25 KB |