O vindeiro martes 5 de novembro terá lugar a visita das autoridades ao noso centro e en especial á nosa BIBLIOTECaión, que sufriu unha gran transformación ao longo do curso pasado ao entrar a formar parte da rede de Bibliotecas do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas escolares de Galicia).
Comprácenos informar de que ao acto virán numerosos persoeiros coma:
- Carmen Pomar Tojo (Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional).
- José Manuel Pinal Rodríguez (Director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería).
- Indalecio Cabana Leira (Xefe Territorial de Educación da Coruña).
- Elisardo López Varela (Inspector do noso centro).
- Consuelo Gundín Rey (Asesora Bibliotecas).
- Emilio J. Veiga Río (Director do Centro de Formación e Recursos –CFR).
- Marta Dopico Vázquez (Asesora do CFR).
- Javier Pintor Elizalde (Asesor do CFR de Bibliotecas).
- Jose Manuel López Varela (Alcalde da Laracha).
- Patricia Bello Canedo (Concelleira Delegada de Cultura, Deportes, Ensino, Xuventude, Turismo e Festas).
- Ana Mª Pardo Morgade e Romina Senín Senín, representantes da ANPA “A Balea”.
Gustarianos poder convidar a todos os familiares do centro mais non será posible por facérsenos pequena a biblioteca. Seredes informados dos resultados da mesma.
O alumnado de 5º e 6º, os nosos Axudantes da biblioteca, farán unha visita guiada pola mesma explicando a toda a xente convidada a organización e funcionamento da sala de lectura e de audiovisuais.