Skip to Content

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS.

Estimadas familias:

Ao longo dos vindeiros 15 días, colaboraremos na "Campaña Solidaria nos Centros educativos" do Banco de alimentos Rias Altas (da Coruña). Tedes até o 19 de xuño para aportar aqueles alimentos non perecedeiros que poidades.

Polo xeral a Federación Española de Bancos de Alimentos recomenda donar alimentos non perecedeiros e envasados en paquetes que non sexan de crital, algo que facilitará o seu transporte. Pódese colaborar con produtos básicos como cereais, legumes, leite ou aceite e tamén produtos como salsas, zumos ou froitos secos. Por outra banda é interesante aportar alimentos precocinados, conservas e alimentos infantís, como leite en po ou potitos.

 

http://www.balrial.org/index.php/colaborar/colegios/

Aquí tedes máis información do Banco de alimentos Rías Altas.



page | by Dr. Radut