É un programa do Fondo Galego de garantía Agraria (FOGGA) que ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.
A axuda está destinada ás nenas e aos nenos que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan, no noso caso, aos seguintes niveis de ensino:
- Segundo ciclo de educación infantil.
- Educación primaria.
A actividade consistirá no reparto de froita fresca a todo o alumnado do centro en horario de recreo nos seguintes periodos:
- Do 4 ao 8 de xuño.
- Do 11 ao 15 de xuño.