Dende o Concello da Laracha informan que vén de abrirse o prazo de inscrición no servizo de MADRUGADORES para o vindeiro curso 2018/2019, para o que deberedes presentar unha solicitude de inscrición no mesmo.
O prazo de solicitudes estará aberto desde o 9 de abril ata o 21 de xuño.
ENLACE Á PÁXINA DO CONCELLO COA INFORMACIÓN DO PROGRMA HARMONIZA.
DESCARGA FOLLA DE INSCRICIÓN SERVIZO DE MADRUGADORES.
Trátase dun servizo cofinanciado entre as familias e o concello e para que se poña en marcha precisariamos un mínimo de 6 usuarios/as inscritos do noso centro. O servizo de Madrugadores é vital para algunhas familias do centro. Neste pasado curso 2017/2018 non chegamos a ese mínimo e non se puido abrir, cuestión que pode significar a falta de alumnado do noso centro.