O vindeiro mércores 10 de xuño terá lugar a xornada de portas abertas, coa finalidade de que o alumnado de nova incorporación ao noso centro se adapte e coñeza mellor as instalaciós do centro.
Esta actividade é impulsada dende o departamento de Orientación e a nosa orientadora.
Horario:
- 11:10 horas: Recepción dos familiares e alumnado na biblioteca escolar.
-
11:15 horas: Presentación por parte do director: Benvida e entrega de documentación para a formalización da matrícula.
-
11:20 horas: Charla informativa da orientadora: sobre as novidades da etapa de Infantil, Período de Adaptación do comezo de curso e algúns consellos para o verán.
- 11:30 horas: Percorrido polas instalacións do centro, acompañados pola orientadora.
-
11:45 horas: Visita á aula de Infantil.
- 12:00 horas: tempo de lecer e convivencia co alumnado de Infantil e primaria no patio.
- 12:30 horas: Ao finalizar o recreo, remate da xornada.