Calendario do proceso de admisión para o curso 2015/16 | |
Publicación de vacantes | 1 de marzo |
Presentación de solicitude de admisión | Do 1 ao 20 de marzo |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos | Antes o 25 de Abril (aprox. 13 abril) |
Publicación de listaxes definitivas | Antes de 15 de maio |
Formalización de matrícula | Do 20 ao 30 de xuño |
Reserva de praza: Do 1 ao 15 de febreiro
- Para o alumnado de 6º de Primaria do noso centro. Estamos adscritos ao IES Agra de Leborís (A Laracha)
O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a reserva de praza no centro para o próximo curso, salvo que renuncie ao dereito de permanecia asinando o documento enviado a tal efecto ás familias.
Solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)
- Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2015/16.
Documentación: Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación da solicitude de admisión para aplicar o baremo correspondente no caso de haber máis solicitudes que prazas.
- Impresos de solicitude cumprimentados
- Copia Dni dos pais e do alumno/a se o tivera
- Copia do libro de familia
- Tarxeta sanitaria
- Folla de empadronamento de toda a unidade familiar
- Condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede
- Xustificantes de concurrencia de minusvalía no alumno/a a matricular ou en titores/as ou irmáns do alumno/a.
Formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (premer para descargar e cubrir a solicitude)
Prazas vacantes | ||||||
EDUCACIÓN INFANTIL | ||||||
Niveis | 4º INFANTIL | 5º INFANTIL | 6º INFANTIL | |||
Prazas ofertadas |
22 3 (NEE) |
21 | 20 | |||
EDUCACIÓN PRIMARIA | ||||||
Niveis | 1º CURSO | 2º CURSO | 3º CURSO | 4º CURSO | 5º CURSO | 6º CURSO |
Prazas ofertadas | 16 | 22 | 22 | 22 | 17 | 22 |
HORARIOS
HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.
SERVIZO DE COMEDOR: Estamos en trámite para telo aberto para o vindeiro curso.
SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H
SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS
- TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
- COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que, esperemos, poda comezar para o vindeiro curso. Será xestionado pola ANPA.
- BIBLIOTECA - LUDOTECA -SALA DE ESTUDOS: (de valde) O alumnadoterá a súa disposición dende ás 16:00h ata ás 18:00h de luns a xoves. estas actividades guiadas por profesorado do centro.
- OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h.
OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015-2016
-DECRETO 254/2012 ( Admisión de alumnado en centros docentes).
-INSTRUCIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN.
-INSTRUCIÓNS XEFE TERRITORIAL.
-ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para
a admisión do alumnado.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexo_ii_solicitude_admision_g.pdf | 518.55 KB |
anexoiii. Formalización da matrícula. Infantil e primaria.pdf | 427.8 KB |