O día 24 de abril, fomos visitar o arquivo de pesca que hai en Caión, onde poidemos descubrir a historia da pesca desta vila, facendo un percorrido desde o século XVI ata a actualidade.
Este é un proxecto impulsado pola Confraría de Pescadores de Caión para a recuperación e posta en valor do seu arquivo histórico, a dignificación do oficio dos pescadores e a divulgación da cultura mariñeira.
Temos que dar as grazas a Marcos Amado, que gustosamente ofreciuse para explicarnos a todos a exposición permanente.
SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS IDE Á GALERÍA pinchando aquí